Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Está preparada a sociedade para confiar en robots autónomos?

O futuro é sombrío e está ateigado de ameazas sen precedente, como a toma de decisións por robots no canto de por humanos, sobre todo en áreas militares

Redacción - 17:33 25/04/2007

Na actualidade, os robots serven para realizar unha gran variedade de tarefas, sobre todo en ambientes perigosos, como a exploración, a mineiría ou as profundidades mariñas. Dotáronse co don da ubicación, de sensores de forza, de tacto, dun sistema de percepción visual e, cada día, dunha maior capacidade para tomar as súas propias decisións, sen que o home interveña.

Os robots xa están a ter un crecente papel nas guerras e é posíbel que moi pronto sexan capaces de tomar as súas propias decisións, sen control por parte dos humanos. Un sector de científicos expresaron o seu medo e preocupación pola utilización de robots autónomos principalmente en áreas militares. Cada vez máis máquinas autónomas están a ser usadas en aplicacións militares, de feito, a empresa Samsung creou unha sentinela robótica para controlar a fronteira entre Corea do Sur e do Norte.

Dita sentinela posúe dúas cámaras e unha metralladora. Se un robot autónomo mata alguén, ¿de quen será a culpa? Agora, isto non é un problema porque a responsabilidade caería sobre o deseñador ou quen opera ese robot; pero mentres máis autónomos sexan os robots, máis borrosa se fai esa liña de responsabilidade.

Para outros investigadores, os problemas virán cando os humanos deixen de traballar e conseguir diñeiro por culpa dos robots, por exemplo, unha folga de mineiros que se enfronta a robots armados con canóns de auga. Estas cousas poderían pasar?


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: