O estreito control da rede apareceu esta semana entre as prioridades do goberno chinés, segundo o discurso do presidente Hu Jintao.
"Consolidar o status de guía do marxismo no campo ideolóxico" é un obxectivo cara ao que o goberno chinés ve en internet un instrumento útil. Así o indicou o presidente chinés, Hu Jintao, quen falou a prol de eliminar o que na súa opinión é un crecente "contido malsán" na rede.
Xa que logo, o executivo chinés decidiu lanzar unha campaña para afondar no control da rede. "O desenvolvemento e a administración da cultura de internet debe ser fiel á dirección da cultura socialista avanzada, adherirse á orientación da propaganda correcta", dixo o líder chinés.