Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xa son os primeiros socios da empresa

Os Albertos aumentan a súa participación en Ence

Coa súa segunda adquisición no que vai de ano acadan o 21% dos títulos da papeleira.

Redacción / EP - 19:06 24/04/2007
Logotipo de Ence

Logotipo de Ence

Os empresarios Alberto Cortina e Alberto Alcocer elevaron a súa participación no capital social de Ence até o 21,003% ao comprar títulos da empresa por valor de 16 millóns de euros. Deste xeito, os ex-banqueiros coñecidos popularmente como “os Albertos” consolídanse como primeiros socios da compañía papeleira por diante do seu presidente, Juan Luis Arregui, que posúe o 19,56%.

É a segunda compra de títulos de Ence que fan os dous empresarios no que vai de ano, cun investimento total de 41 millóns de euros. Na anterior operación, o mes pasado, acadaran o 20,08% do capital social e convertéranse nos principais socios. Outros propietarios de referencia de Ence son, ademais dos Albertos e de Arregui, Caja Asturias, co 5,772%, e o presidente de Unión Fenosa, Pedro López Jiménez, co 5,006%.


2/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: