Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Descubrimento de científicos británicos

Atopan criptonita en Serbia

O mineral ten a mesma composición que se lle atribúe nun filme do superheroe de banda deseñada.

Redacción - 11:20 24/04/2007

A criptonita, o mineral que deixa sen poderes a Superman, existe na Terra. Un equipo de científicos británicos acaba de descubrir un material coa mesma composición química que se lle atribúe á criptonita.

Expertos do Museo de Historia Natural de Londres estudaron unhas mostras tomadas nunha mina de Serbia e comprobaron que a súa natureza é practicamente a mesma da criptonita. No filme Superman regresa aparece exposto un anaco dese composto cun rótulo que pon “hidróxido de silicato de sodio litio boro con fluor”. O atopado en Serbia ten a mesma composición, pero sen fluor.

De todos os xeitos, non lle pensan poñer o mesmo nome da banda deseñada, senón jadarita, en referencia ao lugar onde se atopou. Ademais, a criptonita de verdade non é de cor verde nin emite radiación: é unha substancia terrosa de cor branca.


3,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: