En 2006 as mulleres galegas realizaron ademais 1.397 solicitudes de protección, das que os xulgados concederon o 80% do total.
Un total de 837 detencións na Coruña, 619 en Pontevedra, 244 en Lugo e 186 en Ourense. Así queda a estatística galega de detidos por presuntos malos tratos durante o ano 2006. Son datos presentados polo executivo esta semana que suman os arrestos realizados tanto por Policía como por Garda Civil. No total do Estado, un 80% dos denunciados por violencia de xénero foron condenados, sendo o resto absolvidos dos delitos imputados.
Por outra parte, o Observatorio Contra a Violencia Doméstica e de Xénero, dependente do Consello Xeral do Poder Xudicial, realizou tamén peneira das ordes de protección solicitadas nos Xulgados de Violencia sobre a Muller. Das máis de 36 mil solicitudes realizadas a nivel estatal, un 5% fixéronse en xulgados galegos que ademais autorizaron a petición en oito de cada dez casos.