Na noite do sábado entregóuselle este galardón co que se lle recoñece o seu labor na loita pola mellora da nosa dignidade nacional.
Afonso Eiré
Afonso Eiré recolleu, en representación da publicación A Nosa Terra o II Premio Manuel María á dignidade nacional. Con este nomeamento, organizacións como CIG-ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística, recoñecen a labor deste xornal por “desenvolver actividades e promovido iniciativas con destacadas consecuencias na mellora da nosa dignidade nacional, do mesmo xeito que Manuel María o fixo ao longo da súa vida”.
Por erro, en Vieiros anunciamos este domingo que Afonso Eiré, recibira o premio, cando en realidade foi o encargado de recoller o galardón en representación da publicación que dirixe.