O grupo de arquitectos dirixido polo arquitecto galego gañou o concurso de ideas para o proxecto do que será o nó ferroviario máis importante de Catalunya.
O complexo será á vez estación do tren de alta velocidade, estación de liñas de proximidade e rexionais, contará cunha estación de autobuses e con paradas de metro, de xeito que estará conectada co aeroporto e a área metropolitana de Barcelona. O custe do proxecto ten un investimento previsto de 60 millóns de euros e a súa construción comezaría a finais do 2008. Espérese que estea operativa o 2010 e poderá dar servizo a miles de pasaxeiros diarios, cunha previsión de 15 millóns anuais para o 2025.
O proxecto gañador leva o nome de Campo dei Miracoli, o recinto no que se atopa a Torre de Pisa e ao que pretende evocar. A futura estrutura terá forma elíptica cun gran vestíbulo diáfano dende o que se accederá ás diferentes estacións, situadas no subsolo. Irá acompañada por unha area de servizos e de comercio e coa extensión urbanística do municipio d'El Prat, co que aumentará a presión sobre o espazo natural do delta do río Llobretat, xa modificado pola extensión doutras infraestruturas.