A metade dos galegos que non se conectan porque “non lle ve utilidade”. O prezo e a falta de cobertura son outras barreiras.
Red.es, unha entidade do Ministerio de Industria, acaba de publicar un informe sobre os avances do seu programa “Cidades Dixitais”, que en Galiza funciona na Estrada e Lugo. Neste documento indícase que Telefónica é a provedora de máis do 54% das conexións a internet nestes dous municipios.
R, o operador galego de cabo, posúe o 12,4% do mercado na autonomía. Despois está Wanadoo/eresmas (a actual Orange) con case o 10% do pastel. Jazztel queda cun chisco máis atrás, cun 5%.
As razóns de nos conectarse
Estas cifras son moi similares as do total estatal, no que Telefónica ten un 54%, Orange case un 12% e Jazztel ao redor dun 3%.
O informe analiza tamén as causas polas que os cidadáns non se conectan. O 48,2% da mostra en Galiza, formada por cidadáns de Lugo e A Estrada, sinalou que a causa é que “non lle ve utilidade/non lle interesa”. O prezo (11%), a falta de cobertura (10%) e a carencia de computador (9%) son outros das principais barreiras.