Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLARACIÓNS Á TELEVISIÓN DO VICEPRESIDENTE VENEZUELANO

"Caso Posada mostra ao mundo a hipocrisía de Bush"

A próxima liberación do terrorista Luís Posada Carriles demostra ao mundo a hipocrisía do goberno estadounidense de George Bush na súa pretendida guerra contra o terrorismo mundial, afirmou este mércores o vicepresidente de Venezuela Jorge Rodríguez.gregou que "o máis grande terrorista da humanidade nos últimos tempos chámase George Walker Bush".

Xurxo Martínez Crespo - 12:47 19/04/2007

O vicepresidente Executivo da República, Jorge Rodríguez, sinalou que o presidente Chávez podería instruír ao ministro de Relacións Exteriores, Nicolás Maduro, para que faga un pronunciament en relación co caso do terrorista Luís Posada Carriles.

Esta información emitiuna o vicepresidente Rodríguez no programa Contra Golpe, conducido pola xornalista Vanessa Davies a través de Venezolana de Televisión.

O vicepresidente Rodríguez destacou que quedou demostrada "a hipocrisía do goberno do presidente Bush e que a xustiza estadounidense non é máis que un sistema corrupto que ampara asasinos e terroristas".

Agregou que "o máis grande terrorista da humanidade nos últimos tempos chámase George Walker Bush".

Trouxo a colación a voadura do avión de Cubana de Aviación e o intento de magnicidio contra o presidente da República de Cuba, Fidel Castro, entre outros crimes cometidos por Posada, ex axente da Axencia Central de Intelixencia (CIA), de 79 anos de idade.

Ademais da voadura do avión cubano e do intento de magnicidio contra o presidente Castro, a folla de servizos de Posada Carriles inclúe a planificación dunha serie de atentados con bombas en 1997 contra instalacións turísticas en La Habana, nunha das cales morreu o mozo italiano Fabio dei Celmo.


2,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: