Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O SEGUIMENTO DA FOLGA É DO 100%

A folga das auxiliares de Meirama e das Pontes paraliza a actividade mineira

O peche das dúas minas, previsto para finais de 2007, ameaza con deixar na rúa a cincocentos operarios.

Redacción - 12:01 17/04/2007
Protesta de mineiros en Ordes

Protesta de mineiros en Ordes

A tensión medra nas concas mineiras de Meirama (Cerceda) e das Pontes. Dende a última hora da tarde do luns, os traballadores das empresas auxiliares están a secundar un novo paro convocados polo sindicato CIG. As protestas van durar 72 horas e isto vaise traducir na paralización total da actividade extractivo do lignito pardo. Paulo Carril, da CIG, confirmaba este mesmo martes que o seguimento do paro está a ser masivo e nel participan cincocentos operarios.

Os traballadores pertencen a empresas auxiliares que traballan para Unión Fenosa e Endesa e poden quedar na rúa co anunciado peche da mina para finais de 2007. Os operarios denuncian que o goberno central discrimina a Galiza mentres ofrece recolocacións noutras concas mineiras do Estado. Xa anunciaron que van endurecer as súas protestas e que incluso pensan levar as súas reivindicacións a San Caetano.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: