Unha empresa informática está acusada de estafar 300.000 euros a Facenda e de deixar débedas millonarias no municipio.
A Fiscalía investiga unha presunta fraude na liquidación do IVE
A Fiscalía Anticorrupción presentou no xulgado da Estrada unha querela criminal contra un matrimonio afincado no municipio, actualmente en paradeiro descoñecido, que dirixía un grupo de empresas informáticas.
Segundo informa o diario La Voz de Galicia na súa edición do luns, a parella está acusada de cometer unha fraude na liquidación do IVE, que ascende a 300.000 euros. O matrimonio presuntamente creou en Portugal unha empresa fantasma, que emitía facturas ficticias de falsas compras para incrementar a dedución fiscal no imposto indirecto.
Varias empresas estatais afectadas
O grupo de negocios do que son propietarios quebrou hai escasas semanas, deixando débedas millonarias a bancos e provedores da Estrada e en diferentes puntos do Estado español. No municipio da comarca de Tabeirós-Terra de Montes teñen deben ao redor de 1,5 millóns de euros a catro entidades financeiras. Ademais, varias empresas do sector da informática de Madrid, Córdoba, Valencia e Bilbao tamén están afectadas.