Máis de media centena de mortos e outros tantos feridos deixou o ataque con coche bomba contra unha estación de autobuses na localidade iraquí.
Segundo o xefe do comité de seguridade da cidade, “a explosión foi enorme, tivo lugar nunha zona con moita xente, e o número de vítimas aumentará”. O atentado ocorreu a só uns douscentos metros do monumento ao Imán Husein, mesmo lugar onde o neto do profeta do Islam, Mafomede, atópase enterrado.
En Bagdad, a mañá tamén deixou polo menos dez mortos por mor dun ataque suicida con coche bomba contra un dos principais pontes da cidade.
Máis ataques en Casablanca
A capital económica de Marrocos está a vivir outra xornada de tensión logo de que dous terroristas se inmolasen no centro da cidade, preto de Dar América, un centro cultural estadounidense. De momento non se coñece se o atentado causou vítimas mortais ou feridos.