Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vinte dos traballadores denunciaron lesións

A Policía desaloxa un grupo de funcionarios que protestaba en San Caetano

A mobilización, convocada por CIG, queixábase da política de persoal da Consellería da Presidencia.

Redacción - 18:21 12/04/2007

Un grupo de funcionarios que protestaba en San Caetano contra a política de persoal da Xunta foi desaloxado violentamente por axentes da Policía Autonómica. Vinte dos afectados presentaron unha denuncia cos seus correspondentes partes de lesións.

O sindicato CIG, que convocou a mobilización, cualificou os feitos como “de máxima gravidade” e pediulle responsabilidades e explicacións ao presidente da Xunta pola actuación represiva das forzas de seguridade. Segundo o comunicado, os funcionarios protestaban de xeito pacífico polo seu descontento coa política de persoal do conselleiro da Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu.


4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: