Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nun comunicado avisan de novos ataques

Atribúenlle a Al Qaeda o masacre en Alxeria

Dous ataques suicidas na capital con camións bomba causaron 24 mortes e 58 feridos.

Redacción - 09:00 12/04/2007

Unha chamada telefónica á canle de televisión Al Iasira e un comunicado colocado en internet reivindicaban a autoría do atentado deste mércores en Alxer para a chamada Organización de Al Qaeda nos Países do Magreb. Ao tempo, aseguraban que os dous suicidas levaban nos vehículos que estouparon un total de case dúas toneladas de explosivos. De paso, o grupo reivindicou tamén o ataque desta mesma semana na cidade marroquí de Casablanca.

Na mensaxe, o grupo expón tamén o seguinte: "Xuramos por Alá non depoñer a nosa espada nin descansar até que liberemos cada palmo de terra do islam de todo cruzado, colaboracionista e axente, desde Xerusalén até Al Andalus".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: