O Test de Accesibilidade Web (TAW) é a ferramenta de referencia para atopa-los erros que dificultan a maiores e discapacitados acceder ás páxinas en galego.
A ferramenta máis importante para avaliar a accesibilidade dos sitios webs acaba de ser publicada en galego. Trátase do Test de Accesibilidade Web (TAW), desenvolvido pola asturiana Fundación CTIC.
O TAW permite, entre outras funcións, identificar que elementos das webs impiden a certos grupos (por exemplo, persoas maiores ou con dificultades de visión) navegar con facilidade.
As webs das deputacións suspenden
Así, usando TAW Vieiros demostrou que os sitios webs das Deputacións do país aínda non son accesíbeis. E iso a pesar que a Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE) obrígaas a selo dende xaneiro de 2006.
O TAW basease nas recomendacións do World Wide Consortium, o ente que define os estándares que permiten o funcionamento de internet. Por iso, a súa publicación -promovida pola Consellería de Industria- será útil para os deseñadores web do país.