Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O goberno español apoia a idea de Rabat

Marrocos lévalle á ONU a súa proposta de "autonomía" para o Sáhara

A Fronte Polisario láiase dos apoios, entre eles o do executivo español, que está recibindo un proxecto que teima na "ocupación do territorio".

Redacción - 08:00 11/04/2007

O secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-Moon, recibe este mércores a proposta que Marrocos define como un plan para unha "ampla autonomía do Sáhara Occidental". A delegación marroquí vaise entrevistar tamén coa presidencia de quenda do Consello de Seguridade, co británico Emyr Jones Parry á fronte.
 
Marrocos quere amarrar co proxecto a súa soberanía sobre os territorios ocupados, e presionará a través das institucións internacionais poucos días antes de que a propia ONU decida sobre a prórroga da súa misión na zona para a preparación do referendo saharauí, que vixía o cesamento ed fogo acordado a comezos dos anos 90.
 
Desde a Fronte Polisario denuncian o intento de Marrocos de evitar a celebración do referendo sobre a autodeterminación e rexeitan o plan proposto, lembrando que as solucións viábeis xa foron definidas no seu momento polas Nacións Unidas. Na loita o principal aliado é Alxeria e critican que o Estado español lles dea agora as costas. Voceiros saharauís criticaron o "perigoso" apoio do PSOE a un plan que "vai contra a liberdade de expresión e contra a legalidade internacional" e avisan de que pode levar á volta da guerra á zona.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: