Igalia convoca o primeiro Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con software libre en colaboración coas tres universidades do país.
Igalia, unha consultora coruñesa que traballa con programas abertos, acaba de convocar a primeira edición do Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre 2007. Precisamente, Igalia naceu dende a universidade e apostando de cheo polos programas abertos; como explica un dos seus socios, Javier Vázquez, nesta entrevista.
Con esta convocatoria, Igalia busca espallar o “coñecemento dos universitarios galegos sobre o software libre” e promover o emprego de calidade. A iniciativa pública a prol dos programas abertos, Mancomun.org, e as tres universidades do país colaboran no Premio.
O gañador recibirá mil euros e o seu traballo será publicado. As bases poden consultarse na web de Igalia. Ademais, realizaranse presentacións a partir de mañá na Coruña, Vigo e Santiago.