As autoridades consideran que o servidor de imaxes é incompatíbel cos valores relixiosos
Os internautas atopan isto ao intentar acceder
Acceder á rede social de imaxes Flickr dende os Emiratos Árabes Unidos é xa imposíbel. Cando un usuario intenta entrar na páxina atópase coa seguinte mensaxe: “Sentímolo. A web onde queres entrar está bloqueada porque os seus contidos son incompatíbeis cos valores relixiosos, culturais, políticos e morais dos Emiratos Árabes Unidos”.
Os responsábeis desta censura convidan ao usuario que estea en contra da decisión a explicar a súa postura nun formulario. Amnistía Internacional xa comezou unha campaña para loitar contra o prohibicionismo na rede, que tamén afecta a países coma China.