Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Elevada porcentaxe de indecisos

Pequena vantaxe de Sarkozy no inicio oficial da campaña francesa

Un 29% de intención de voto para o candidato conservador e un 22% para a líder dos socialistas, son as cifras da última enquisa antes da apertura de campaña.

Redacción - 09:00 09/04/2007

O endurecemento do discurso do principal candidato conservador, Nicolás Sarkozy, que renunciou nas últimas semanas a un perfil máis centrista para virar cara á dereita, coincide co seu ascenso nas sondaxes, onde se destaca como favorito, subindo até o 29,5% en intención de voto.

Atrás del, a principal rival, a candidata do Partido Socialista, Sególène Royal, só chega ao 23,5% na enquisa máis optimista, experimentando en todo caso significativas caídas no favor dos votantes. As sondaxes prognostican ademais que nunha segunda volta á que accederan os dous, os franceses escollerían a Sarkozy co 54% dos votos. Competindo por acceder a esa segunda volta están tamén François Bayrou, que acada o 20% nalgunha enquisa e Jean Marie Le Pen que chega até un 16% na súa mellor enquisa. Este luns comeza oficialmente a campaña electoral.

Máis en Le Monde e Liberation.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: