Outro poder metido a aparellador é a SGAE. Será por cartos. En Madrid, dispútalle Príncipe Pío nos tribunais a Stage Entertainment. Aquí, de-constrúe este edificio en Vista Alegre, un grande acerto arquitectónico cunha mensaxe clara: «somos indestrutíbeis». Un artigo de Leo F. Campos con fotografía de Quico López.
Edificio da SGAE en Vista Alegre (Compostela), aínda en construción
Ahí va la hostia, Patxi, ¿has visto cómo quedó el Guggenheim después del atentado?
Esta foi a crítica-chiste que o pobo lles fixo a Frank O. Gehry, á Guggenheim Foundation e á Administración euscalduna. Demoledora. En Galiza sempre soubemos facerlle mausoleos á cultura, coroados pola obra cumio-do-Gaiás. Agora, até o Goberno estatal se apunta e fala de que sirva para tender «pontes» a Iberoamérica (virgensita, que sexa só unha metáfora...). Outro poder metido a aparellador é a SGAE. Será por cartos. En Madrid, dispútalle Príncipe Pío nos tribunais a Stage Entertainment. Aquí, de-constrúe este edificio en Vista Alegre, un grande acerto arquitectónico cunha mensaxe clara: «somos indestrutíbeis». Entrementres, a xente que fai cousas descubriu a chantaxe petróleo-por-alimentos dos dereitos de autor, sóbeas de balde á Internet e constrúe o espazo cultural do século XXI. E esta obra que aquí vemos non resiste nin de chiste a crítica do pensionista galego medio.
Artigo publicado na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 118, marzo de 2007)