Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Encontro co público

Os ilustradores redescobren a Fraga de Cecebre

Autores galegos traballaron en conxunto durante a fin de semana para debuxaren El bosque animado.

Redacción - 12:35 02/04/2007
Cartel do encontro

Cartel do encontro

Vinte e tres debuxantes do país xuntáronse esta fin de semana na Fraga de Cecebre para ilustraren conxuntamente a obra El bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez, no mesmo espazo en que se inspira. Durante o sábado e o domingo, os artistas, seis mulleres e dezasete homes, traballaron ao natural, en equipo e abertos á participación do público.

O encontro A fraga ilustrada organizouno a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), co apoio do Concello de Cambre, a Deputación da Coruña e a Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Foi unha ocasión única para que se fomentase a relación entre os profesionais da ilustración e o seu achegamento á sociedade.

Ademais da actividade ilustradora en si, o encontro rematou coa actuación de Lino Braxe e Miguel Ladrón de Guevara, compoñentes do grupo A caricia da serpe. Nas dúas xornadas participaron Andrés Meixide, Ánxeles Ferrer, Carlos Silvar, David Pintor, Federico Fernández, Fran Bueno, Jaime Asensi, Javi Montes, Blanca Barrio, Manel Cráneo, Manolo Uhía, Miguel Porto, Noemí López, Óscar Villán, Siro López, Suso Cubeiro, Xan L. Domínguez, Xosé Cobas, Xulia Barros, David Rubín, Alicia Suárez, Emma Ríos e Luís Sendón.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: