Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
DO 12 AO 14 DE ABRIL

Aberdeen vai acoller un panel de estudos galegos

Craig Patterson organiza a mostra, que se desenvolverá dentro do Congreso de Hispanistas do Reino Unido e Irlanda.

Redacción - 10:45 02/04/2007

Moderado por David MacKenzie, do Centro Irlandés de Estudos Galegos da Universidade de Cork, o panel contará coa presenza de importantes persoeiros vinculados coa lingua e cultura galega.

O mesmo Craig Patterson, director do Centro Escocés de Estudos Galegos da Universidade de Stirling, falará das relacións entre a Xeración Nós e a do 98. Helena Miguélez-Carballeira, directora do Centro Galés de Estudos Galegos da Universidade de Bangor, analizará a escrita de Teresa Moure no contexto da narrativa feminista contemporánea.

Pola súa parte, Olga Castro Vázquez, da Universidade de Vigo, exporá sobre ‘Linguaxe e xénero: novas vías para a normalización lingüística do galego’. Bernadette O’Rourke da Universidade de Galway, Irlanda, vai aportar un informe interesante sobre os efectos dos cambios socio-políticos sobre as actitudes e usos lingüísticos no contexto sociolingüístico galego.

Con este panel, que conta co apoio da Asociación Internacional de Estudos Galegos, consolídase o labor dos centros galegos de Birmingham, Bangor, Cork, Oxford, Stirling.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: