Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acto da esquerda abertzale

Otegi asegura que Batasuna estará nas eleccións “sen disfraces”

Di que a esquerda abertzale vai estar nos comicios “con responsabilidade política” e que farán “todo o posíbel” polo “proceso democrático”.

Redacción - 10:00 01/04/2007

Arnaldo Otegi e Pernando Barrena amosaron na tarde do sábado nun acto celebrado no Bilbao Exhibition Center de Barakaldo as súas cartas de cara á presenza da ilegalizada Batasuna nas próximas eleccións de maio. A formación “estará sen subterfuxios” e “sen disfraces” aseguraron os dirixentes vascos.

Barrena afirmou que non aceptarán nada “por debaixo da territorialidade e da autodeterminación” mentres que Otegi asegurou que estarán nos comicios “tal e como somos” e sen “disimulos”.

O acto celebrouse con normalidade logo de que os seus organizadores se comprometeran a non mencionar a Abertzale Sozialisten Batasuna, unha das condicións impostas o venres polo xuíz Baltasar Garzón.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: