Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Con historias de até cinco minutos

Concurso para lingoretas e contacontos

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convoca o VII Concurso de Relato Oral 'Tíralle da Lingua', no que poderán participar todos os rapaces e rapazas que teñan unha historia que contar, sexa popular, literaria ou inventada, sempre que sexa breve e en galego.

Redacción - 12:06 29/03/2007
Imaxe da campaña

Imaxe da campaña

As historias non poden superar os cinco minutos, e haberá varios niveis de participación: Primaria, 1º ciclo de ESO e 2º ciclo de ESO e ensino postobrigatorio. Nunha primeira fase, o concurso realizarase internamente dentro de cada centro educativo, e unha vez que se escolla ás persoas con máis leria, inscribiranse até o 5 deabril na segunda fase, a nivel nacional. As inscricións deben enviarse á AS-PG, á Rúa Laracha, 9, baixo, 15.010, A Coruña. Tamén se pode recorrer ao teléfono e fax, 981 278 259, ou ao correo electrónico (informacion@as-pg.com).

Na segunda fase, as historias serán contadas no Teatro Principal de Compostela en dúas xornadas: o 19 de abril, para infantil e primaria, e o 20 para o ensino secundario e postobrigatorio. Haberá un premio de 250 euros para a persoa que mellor saiba contar historias, e, se o xurado o estima conveniente, un segundo premio de 150 euros. O xurado estará representado por tres persoas alleas aos centros de ensino. Como secretario, haberá un ou unha representante da AS-PG, e o fallo emitirase no mesmo día. Xa podedes ir colleitando ou inventando historias!


Documentos

3,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: