Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Facturan máis de mil millóns de euros

As cooperativas agrarias estudan gañar mercado cunha marca conxunta

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias xunta esta semana en Compostela os seus membros na procura de estratexias de futuro.

Redacción - 09:00 29/03/2007

Case un cento de expertos participaron na elaboración do informe que esta semana se presenta en Santiago de Compostela. Unha análise que achega propostas dos plans estratéxicos específicos realizados para diversos sectores: leiteiro, vacún de carne, vitivinícola, horta ou flor.

A análise do cooperativismo agrario galego amosa ademais que as máis de 230 cooperativas existentes achéganlle á industria alimentaria galega unha facturación de máis de 1.100 millóns de euros cada ano.

Entre as ideas para relanzar a actividade das cooperativas agrarias está a posibilidade de converxeren nunha marca propia que incorpore todos os produtos e se constitúa en referente de calidade na conquista de novos mercados.


4/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: