Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN GALIZA HAI 14.000 EXPLOTACIÓNS

Os gandeiros boicotearán as empresas que baixen o prezo do leite

A empresa Nestlé e as galegas Feiraco e Río xa anunciaron que manterán os seus pagos estábeis.

Redacción - 17:10 28/03/2007
En Galiza hai máis de 14.000 explotacións leiteiras / Foto: Sebástian

En Galiza hai máis de 14.000 explotacións leiteiras / Foto: Sebástian

As tres organizacións sindicais maioritarias no agro galego (SLG, UU.AA e XX.AA) ofreceron este mércores unha conferencia de prensa conxunta para mostrar a súa unidade diante de calquera intento de baixar o prezo do leite. Os representantes dos gandeiros anunciaron que non dubidarán en boicotear a aquelas empresas que baixen o leite.

Para contrarrestar as intencións dalgunhas multinacionais, os tres sindicatos queren poñer en marcha, a partir do vindeiro 14 de abril, unha campaña informativa dirixida aos consumidores. Denuncian que empresas como a francesa Lactalis está a poñer contra as cordas aos produtores do país. Pola contra, danlle os parabéns a Nestlé e ás galegas Río e Feiraco que xa anunciaron que non van secundar a baixada.

A produción de leite, malia as sucesivas crises que sufriu o sector nas últimas dúas décadas, segue a ser un alicerce básico do medio rural galego. Na actualidade máis de 14.000 familias do país que rexen granxas de leite.


Ligazóns

4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: