Os traballadores das empresas auxiliares esixen un compromiso do goberno español para a súa recolocación.
As minas fornecen de lignito ás dúas únicas centrais térmicas de Galiza. Porén, non se agarda que a protesta poida influir na produción enerxética de Unión Fenosa en Meirama e de Endesa nas Pontes. A CIG aseguraba a mediodía que o paro era do 100% e adiantaba a convocatoria de novas protestas para forzar unha negociación.
Os sindicatos reclaman que os traballadores das empresas auxiliares se beneficien tamén dos proceso de recolocación e prexubilación, ao igual que os seus compañeiros de Unión Fenosa e Endesa. Os operarios denuncian que o peche das minas a fin de ano vainos deixar na rúa, sen dereitos, logo de anos con contratos auxiliares.