Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
TRABALLO CONXUNTO PARA FORTALECER A IDENTIDADE DOS POBOS

Sete países latinoamericanos apoian Fondo Cultural do Alba

Ministros e autoridades da cultura de sete países de América Latina e do Caribe asinaron un acordo de intención onde recoñecen o Fondo Cultural da Alternativa Bolivariana para os pobos de América (Alba) como o instrumento máis importante para traballar en conxunto por fortalecer a identidade dos pobos.

Xurxo Martínez Crespo - 11:00 28/03/2007

Nesta xuntanza, na que participaron representantes culturais de Antiga e Barbuda, Bolivia, Dominica, Ecuador, Cuba, Saint Vicent e as Grenadines e Venezuela, os participantes asinaron un documento onde definen a este fondo como o instrumento máis axeitado para concretar as distintas axendas estatais en materia de cultura.

Segundo o ministro do Poder Popular para a Cultura, Farruco Sesto, nesta xuntanza tamén se recoñeceu este mecanismo como axeitado para promover, circular, fortalecer e recuperar os valores culturais dos países de Latinoamérica e o Caribe.
Partindo do recoñecemento conxunto da inmensa riqueza cultural dos países da rexión e do potencial para o desenvolvemento dos pobos latinoamericanos, os asistentes consideraron ao Alba como un elemento fundamental na construción de principios e accións relativas ás políticas públicas sobre cultura con énfase en pícaros e pícaras.

Así mesmo, os representantes culturais certificaron a importancia da cultura no contexto da nova realidade social, política e económica de América Latina e o Caribe.

Asistiron a ministra de Desenvolvemento Urbano, Cultura, Traballo e Asuntos Electorais de Saint Vicent e as Grenadines, René Baptiste; o ministro de Vivenda, Cultura e Transformación Social de Antiga & Barbuda, Eleston Montgomery Adams; o viceministro de Cultura de Bolivia, Pablo Groux; o ministro de Cultura de Cuba, Abel Prieto; o ministro de Información, Desenvolvemento Comunitario, Cultura e Asuntos de Xénero de Dominica, Matthew Walter, e o ministro da Cultura de Ecuador, Antonio Preciado.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: