Supervisar o cumprimento dos dereitos humanos tanto en Israel como nos territorios ocupados é unha prioridade, segundo a análise de Amnistía Internacional.
Os abusos e os déficits que en materia de dereitos humanos veñen detectando en Oriente Próximo durante anos os colectivos en defensa dos dereitos civís, non deben seguir en segundo plano.
Como vía para a solución do conflito, desde Amnistía Internacional opinan que as Nacións Unidas deberan asumir un maior protagonismo na zona. É nese sentido que propoñen o despregue dunha misión internacional que supervise o proceso de paz e vixíe que todas as partes cumpran cos acordos.
Amnistía aproveitou a véspera do comezo do cumio da Liga Árabe, para pedirlle a este grupo de 22 países que presione en favor dunha solución para o enfrontamento árabe-israelí.