O 20 de marzo realizáronse 179 despedimentos na
Atento, filial de Telefónica da Coruña, e a empresa ofertou nese momento 70 prazas en León para o servizo de atención ao cliente, o mesmo que prestaba a xente despedida en A Coruña. A
CIG insta á Consellaría de Traballo a que axilice os trámites para deixar sen efecto estes despedimentos fraudulentos
. Por outra banda, a empresa levou ao cabo prácticas de transmisión de datos de usuarios cara ao estranxeiro: Telefónica solicitou autorización para transmitir información dos usuarios do servizo de ADSL cara Uruguai, Guatemala e Perú, información relacionada coas tarxetas de crédito dos usuarios, datos bancarios, estado civil, modos de vida, afeccións, etc. A CIG salienta que isto pode ser un síntoma da deslocalización deste tipo de empresas na cidade da Coruña (no sector do telemárketing traballan unhas 5.000 persoas), e advirte da crecente deslocalización cara a países de Latinoamérica, ademais de vulnerar a confidencialidade dos clientes, polo cal solicitará unha xuntanza co novo director da Axencia Española de Protección de Datos (
AXPD), para pedirlle que revise as autorizacións concedidas e paralice as que están en curso.