A Casa do Deporte da cidade olívica acollerá unha xornada de traballo co obxectivo de acadar a total igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no eido deportivo.
Deportistas, directivas, xornalistas, árbitros, adestradoras participarán este martes na xornada impulsada pola Dirección Xeral para o Deporte. Estableceranse catro mesas de traballo nas que se abordarán temas como as mulleres nos cargos de representación no deporte, a carreira deportiva feminina, o deporte de base feminino e o tratamento que del se fai nos medios de comunicación. As participantes expoñerán cales son as dificultades actuais, e cales tamén as vías para superalas.