Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A partir do 8 de maio

Unionistas e republicanos chegan a un acordo de goberno para o Ulster

O DUP do reverendo Ian Paisley e o Sinn Fein de Gerry Adams chegaron este luns a un histórico acordo para crear unha administración conxunta que comezará a traballar o 8 de maio.

Redacción - 14:10 26/03/2007
Paisley e Adams, cara á cara por primeira vez / BBC News

Paisley e Adams, cara á cara por primeira vez / BBC News

No día en que remataba o prazo dado polos gobernos de Irlanda e Reino Unido para a formación dun goberno de unidade en Irlanda do Norte, unionistas e republicanos chegaron a acordo. Deste xeito, o Ulster verá restabelecida a súa autonomía, en suspenso dende outubro de 2002.

Segundo o chamado acordo de Saint Andrews, os gobernos de Londres e de Dublín suspenderían indefinidamente a Asemblea norteirlandesa e os soldos dos seus membros, e pasarían a administrar a rexión conxuntamente, de non se producir o consenso.

Cita histórica
A histórica cita tivo lugar no castelo de Stormont (Belfast), sé da Asemblea norteirlandesa. Esta foi restaurada o domingo por Londres para o proceso de negociación que levasen a formación dun Executivo compartido entre católicos e protestantes.

"O noso obxectivo era o de obter o restabelecemento (da autonomía) nun contexto no que se puidese facer realidade, e onde significase unha mellora da calidade de vida das persoas nesta parte do Reuino Unido", sinalou o líder do Democratic Unionist Party (DUP), Ian Paisley, á saída da xuntanza.

Pola súa banda, o número un do Sinn Féin, Gerry Adams, manifestou que "o acordo marca o comezo dunha nova era política na illa".


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: