Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INVESTIRÁ CASE 450 MILLÓNS

Fadesa construirá 5.000 vivendas turísticas na costa de Marrocos

O complexo vai xerar 13.000 empregos no país árabe.

Redacción / Europa Press - 11:03 26/03/2007

Fadesa vai investir preto de 450 millóns de euros para a construción dun “resort” turístico na costa atlántica de Marrocos. O goberno alauí anunciou que a empresa con sede na Coruña gañou o concurso para levar adiante as obras.

O complexo turístico vai estar conformado por 5.000 vivendas (1.338 apartamentos residenciais; 865 vilas residenciais; 1.850 apartamentos turísticos; e 980 vilas turísticas). Ademais ergueranse oito grandes establecementos hoteleiros de catro e cinco estrelas. O complexo vai estar dirixido a cidadáns do estado español, marroquí e británico e agárdase que dea emprego, de xeito directo e indirecto, a 13.000 persoas.

Fadesa entrou en Marrocos hai xa sete anos. A empresa que daquela capitaneaba o coruñés Manuel Jove converteuse na primeira compañía do estado en desenvolver naquel país proxectos inmobiliarios. A actividade no norte de África significou o despegue definitivo da construtora.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: