Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Membros do barco HMS Cornwall, da Mariña Real

Forzas iranianas prenden 15 soldados británicos no Golfo Pérsico

Foron apresados cando rexistraban un buque con bandeira de Irán por sospeitar que se dedicaba ao contrabando de coches.

Redacción - 14:35 23/03/2007

Segundo informa a BBC, quince mariños foron detidos a punta de pistola a primeira hora da mañá deste venres cando estaban a rexistrar un buque iraniano sospeitoso de contrabando.

Forzas iranianas son as responsábeis da detención polo que a ministra británica de Exteriores, Margaret Beckett, xa convocou ao embaixador do país árabe en Londres para esixir a inmediata liberación dos detidos.

“Estamos xestionando ao máis alto nivel e de xeito urxente este problema coas autoridades iranianas” asegura Beckett nunhas declaracións recollidas pola BBC.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: