Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Remitiu xa o caso ao xulgado

Política Territorial paraliza a construción de cen apartamentos en Malpica

A conselleira entende que as licenzas que concedeu o concello, gobernado tamén polo seu propio partido, son irregulares.

Redacción - 19:38 22/03/2007

María Xosé Caride explicou hoxe diante dos xornalistas que o seu departamento paralizou a edificación de cen apartamentos en Malpica xa que entende que a concesión das licenzas foi irregular. Aínda que o concello está gobernado polo socialista Xosé Ramón Varela Rey, os técnicos da Xunta non ven xustificación para dar licenza a uns edificios que nalgún caso exceden en altura e noutros están tocando xa o areal de Canido.

O municipio, canda outros da Costa da Morte, están a sufrir unha forte presión urbanística. De feito, varias construtoras madrileñas dedicáronse a mercar chan ao longo de toda a beiramar nos últimos catro anos. O caso de Malpica non é moito menos o único. Esta mesma semana coñecíase que a Xunta denunciou no xulgado ao consistorio de Fisterra por ter concedido licenzas de construción a 391 vivendas en primeira liña de praia.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: