Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Incluído no proxecto da Lei do Libro

O Congreso aproba o canon por préstamo para as bibliotecas

Serán 0,20 euros por volume, segundo impón a UE. Con todo, os cidadáns non o pagarán directamente.

Redacción - 08:00 22/03/2007

Cada libro prestado nunha biblioteca pública vai implicar o pagamento de vinte céntimos de euro. As únicas ás que non lles afectará a medida serán as de concellos de menos de cinco mil habitantes. Do total recadado, un 70% vaise para as sociedades de xestión de dereitos de autor. O outro 30% para os editores.

Os cadtos sairán dos petos dos cidadáns, aínda que non de xeito directo, xa que segundo se debateu esta semana no Congreso, as administracións asumirán o custo, compartido entre o Ministerio de Cultura e as consellarías de Cultura. Así o decidiron este mércores na comisión de Cultura do Congreso dos Deputados durante a aprobación do dictame sobre o proxecto da Lei do Libro.

A imposición chega despois da sentenza ao respecto do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que advertiu contra o incumprimento do Estado español neste sentido. Votaron a favor todos os partidos agás BNG e ERC.


3,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: