Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O redactor presentou denuncia

Taborda bate nun xornalista deportivo ao saír do adestramento

O dianteiro deportivista podería estar molesto por un artigo escrito por Armando Palleiro

Redacción - 17:22 21/03/2007
Sebastián Taborda

Sebastián Taborda

O dianteiro do Deportivo da Coruña Sebastián Taborda agrediu un redactor do xornal DXT Campeón. Os feitos aconteceron o mércores ao mediodía, despois do adestramento na cidade deportiva de Abegondo.

O xogador uruguaio abaneou contra unha parede o xornalista, Armando Palleiro, que rematou con marcas na fronte, dor nun ombro e sangue no labio a consecuencia dunha puñada. Segundo o agredido, Taborda ameazouno de morte, e tivérono que deter varios xogadores do equipo coruñés, entre eles Pablo Álvarez, Juan Rodríguez e Aldo Duscher.

O redactor dirixiuse ao cuartel da Garda Civil, que xa acudira ás instalacións deportivas, para presentar unha denuncia. Taborda, moi afectado polo acontecido, púxose en contacto co director de DXT, pero negou que lle pegara ao xornalista. Só recoñeceu que o colleu pola cazadora e que o empurrou.

Ao parecer, o dianteiro do Deportivo estaba molesto por un artigo escrito por Palleiro, no que criticaba o futbolista polo seu baixo rendemento e remataba coa frase “Creo que o Dépor lle vén moi grande. A miña é a primeira boca que ten que tapar”.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: