Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ás portas do aniversario da UE

Medio cento de ideas para "querer" a Unión Europea... ou non

"Os restaurantes británicos son agora moito máis cosmopolitas", di a prensa inglesa sobre as vantaxes. E por nós, que fixo a UE?

Redacción - 13:30 21/03/2007

Son xa cincuenta anos de cooperación europea, dos que Galiza andivo preto da metade do camiño, algo máis de vinte anos. Este 25 de marzo cúmprense 50 anos da sinatura do Tratado de Roma, que puxo as bases do que hoxe é a Unión Europea.

Aproveitando a conmemoración, desde Bruxelas destacan algúns detalles: hoxe é moi doado viaxar por todo o continente sen necesidade de pasaporte; realizar transaccións financeiras alén das fronteiras dos estados cunha única moeda; milleiros de mozos aproveitaron programas como o Erasmus para estudar e vivir noutro país; a UE é o maior doador de axuda ao desenvolvemento en todo o mundo, as institucións europeas reforzaron a protección ao ambiente e a aposta polo crecemento sustentábel; a UE esforzouse en garantir a igualdade de xénero ou os dereitos dos consumidores; fixéronse ambiciosas políticas para favorecer rexións desfavorecidas...

Eses son algúns dos argumentos oficiais. O xornal The Independent propón, desde o punto de vista británico, medio cento de ideas polas que os cidadáns poden estar a prol da Unión Europea, entre eles: "linguas minorizadas como o irlandés, galés ou catalán son recoñecidas e protexidas (...) non hai pena de morte, xa que é incompatíbel coa integración na UE (...) o mercado único trouxo voos baratos e nova prosperidade para cidades esquecidas (...) os europeos son crecentemente multilingües, agás os británicos, que son menos".

Quedan por ver as razóns galegas. A favor? En contra? Se queren, poden deixar ideas a pé desta información.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: