Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
VENDEN SOBRE TODO A ADMINISTRACIÓNS DO PAÍS

As TIC do país aínda viven de costas ao mercado portugués

Vinte e seis compañías tecnolóxicas do Norte de Portugal e Galiza reuníronse hoxe para abrir novas vías de negocio. As empresas do país venden menos dun 1% do que facturan en terras lusas.

M.V. - 18:50 20/03/2007

O Encontro Transnacional de Empresas TIC, organizado pola Universidade de Santiago (USC), xuntou en Compostela a empresarios das tecnoloxías da información (TIC) de ámbalas beiras do Miño. Buscábase fortalecer as débiles relacións económicas no eido tecnolóxico. E que, segundo datos do Plano Estratéxico Galego Da Sociedade da Información, as compañías TIC galegas venden moi pouco no mercado luso, só un 0,92% da facturación.

En realidade, a maioría dos clientes das empresas tecnolóxicas proveñen da propia Galiza, pois unicamente o 24% veñen doutras rexións do Estado. No resto da Unión Europea faise o 1,77% das vendas, mentres que o 1,62% véndese noutros continentes.

A Xunta é o principal motor da demanda
Os principais clientes, con máis do 70% da facturación, son galegos. Entre eles, o sector público -especialmente a Xunta de Galicia- xoga un papel fundamental como motor da demanda.

Ante estes datos, Gustavo Marcos, xerente de Unixest -ente da USC que organizou o Encontro- recoñece que aumentar a relacións económicas con Portugal no sector tecnolóxico é “unha materia pendente que encontros deste tipo poden remediar”.

Marcos indica que noutros sectores económicos máis maduros Galiza e Portugal si teñen relacións moi estreitas e, de feito, nalgúns deles, son os principais socios.

Moito máis que lingua

Ademais, o directivo sinala que, aínda que a proximidade lingüística é unha vantaxe, os negocios non teñen que estar centrados es actividades relacionadas coa cultura. O xerente de Unixest salienta que no Encontro establecéronse vínculos para lanzar posíbeis negoocios en campos como o software libre, a domótica ou a información xeográfica.

Na inauguración participaron o coordinador de Xestión e Promoción da Investigación da USC, Francisco Javier Sardina López; o director do programa Uniemprende, Carlos Hernández Sande; o xerente de Uninova, Gustavo Marcos: o director de BIC Galicia, Enrique Vila; e o presidente da Asociación Portuguesa de BIC’s, Víctor Sa Carneiro.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: