Pídelle explicacións ao Ministerio de Fomento no Congreso e no Senado.
Rodríguez pídelle explicacións a Fomento
O Instituto Xeográfico Nacional, IGN, pasa sistematicamente a toponimia galega polo coador lingüístico do castelán, tal e como xa denunciou no seu día a Ciberirmandade da Fala. Por iso non é estraño atopar na súa web que en Galiza existe un “Arteijo”, un “Rianjo” ou un “Las Nieves” ou un máis que curioso municipio chamado “Chandreja de Queija”.
O deputado Francisco Rodríguez e o senador Francisco Jorquera veñen transformar estas anormalidades en preguntas ao goberno estatal. Os dous representantes nacionalistas queren que o Ministerio de Fomento dea explicacións e que, á vez, aplique a legalidade vixente.
O máis sorprendente de todo é que o Instituto Xeográfico participa na Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia. Por ista razón, dende o Bloque cren que hai máis unha cuestión de desleixo e falta de respecto que de simple descoñecemento.