Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Copa de España de Fútbol Sala

O Lobelle cae ante o ElPozo e non poderá defender o seu título

Un gol de Vinicius a falta de seis minutos para o final desnivelou un axustado choque (4-3).

Redacción - 11:15 17/03/2007
O Lobelle non puido derrotar por terceiro ano consecutivo o ElPozo

O Lobelle non puido derrotar por terceiro ano consecutivo o ElPozo

O actual campión da Copa de España non poderá reeditar o seu triunfo do ano pasado logo de perder ante ElPozo Murcia por 4-3. O Autos Lobelle ben mereceu dar a sorpresa ante o campión de liga, que xa quedara eliminado en dúas ocasións da copa logo de cruzarse cos santiagueses.

Desta vez o ElPozo si que acadou o pase ás semifinais nun intenso encontro que non se resolveu até os últimos minutos. A alternancia no dominio do marcador e a igualdade foron as tónicas dun partido que se decidiu desde o punto do dobre penalti. Vinicius non perdoou e certificou a eliminación dos galegos, que estaban apoiados na bancada por preto de 300 afeccionados que viaxaran desde Santiago.

Con este resultado Galiza queda sen representación nesta copa logo da eliminación do Ázkar na primeira xornada. O Boomerang Interviú, MRA Navarra, ElPozo Murcia e o Carnicer Torrejón loitarán esta fin de semana por acadar o título que o Lobelle alzaba hai un ano en Santiago.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: