Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Este venres...

Noite de voces femininas

Dúas mulleres de carácter actuarán a noite do venres no país: Christina Rosenvinge estará na Estrada e Lura en Compostela.

Redacción - 16:21 16/03/2007
Christina Rosenvinge

Christina Rosenvinge

O concerto da cantante de orixe dinamarquesa comezará ás dez e media da noite no auditorio municipal estradense. Nel presentará, entre outros, temas do seu último traballo, Continental 62. Mentres, no centro sociocultural da Fundación Caixa Galicia en Santiago estará a caboverdiana Lura, a partir das oito e media.

Na Coruña celebrarase á medianoite no pub 14 a festa do programa de radio E-music, coa actuación do Colectivo Oruga. Na mesma cidade, na sala Mardi Gras tocarán, dende as dez, os roqueiros pamploneses Half Foot Outside, cos guardeses Area de abreconcertos.

Cinco salas viguesas teñen oferta musical esta sexta feira: Los Iribarnes e Juanita y los Feos tocarán en La Iguana Club; La Vagabanda e Selecta, na Fábrica de Chocolate; na Anoeta estarán, dende as dez, Brainwash, Cadalso, Rato Rato, Porko Jones e Encephalon; The Lonely, The Mirage e The Soul Jacket participan no concurso MusicaliA! da sala A!, e El Chivi segue de xira no Manteca Jazz.

Tamén continúan as súas respectivas xiras Tachenko, que estará na sala Planeta de Sarria; Álvaro Muras, no Nuevo Barroco de Cambre a partir das dez, e 96 Grados, que toca no Pub Yago's de Mondariz, ás once e media.

En Compostela, a sala Capitol recibe a Josele Santiago e a Ectoplasma, e na Fábrica de Perillo (Oleiros) actuará A Caricia da Serpe.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: