O borrador da orde que estabelecerá os criterios de avaliación limita as cualificacións no ensino secundario a unha escala de 1 a 10.
Os estudantes da ESO xa non poderán sacar ceros
Segundo adianta a publicación Magisterio, ningún alumno poderá sacar menos dun 1, mesmo se deixa o exame en branco. A norma que prepara o Ministerio de Educación pretende estar a medio camiño entre a LOXSE de 1990 e a LOCE de 2002. No ensino primario, as cualificacións irán de insuficiente a sobresaliente, sen numeración.
A nova orde ministerial tamén prevé a desaparición do libro de escolaridade, que se substituirá polos novidosos “historiais académicos”, aptos para o seu tratamento informático.