Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Decisión histórica

China aproba unha lei que recoñece a propiedade privada

A norma, que leva 13 anos a se debater afirma que "todos os bens son iguais, sen importar se son estatais, privados ou colectivos".

Redacción - 11:03 16/03/2007
A Asemblea Nacional Popular, na pequinesa praza deTiananmen / Urban|nexus

A Asemblea Nacional Popular, na pequinesa praza deTiananmen / Urban|nexus

A Asemblea Nacional Popular (a cámara lexislativa de China) aprobou este venres, por ampla maioría, a lei máis discutida da súa historia, que recoñece por vez primeira a propiedade privada e a equipara coa pública e coa colectiva.

Na última xornada da sesión anual da ANP, reunida en Pequín dende o pasado 5 de marzo, a norma conseguiu 2.799 votos favorábeis, 52 en contra e 37 abstencións. A histórica lei debatíase dende 1994.

Protexer o sector privado
A norma pretende por un lado, protexer o sector privado, que achega xa preto da metade da riqueza do país, e por outro, rematar coas frecuentes e protestadas expropiacións no medio rural, considerado polas autoridades como un perigoso factor de inestabilidade.

"É un avance para protexer que os bens legais non sexan invadidos, sen importar se son estatais, privados ou colectivos", sinalou Wu Qing, directora do Centro de Desenvolvemento para as Mulleres Rurais.

En China, a propiedade da terra é colectiva. O Estado cédella aos labregos en réxime de usufruto durante períodos de até setenta anos.

Incremento do gasto militar
Por outra banda, a Asemblea decidiu, ademais, subir as taxas que deben pagar as compañías estranxeiras para equiparalas coas chinesas (25%), e incrementar nun 17,8% o gasto militar nos orzamentos anuais.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: