Mancomun.org, a iniciativa pública a prol dos programas abertos, e as tres universidades do país desenvolven software libre especialmente adapatados para as pequenas e medianas empresas galegas.
A Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense (pertencente á Universidade de Vigo) está a realizar un estudo sobre as solucións de software libre para a xestión das PEMEs. Tamén identifica as solucións máis axeitadas para o tecido industrial do país.
Simulación numérica
Pola súa banda o Departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago e o Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña, centrarase na procura de aplicacións informáticas libres de simulación numérica na industria.
A Xunta indica que “estes estudos terán como resultado unha escolma de programas, na súa inmensa maioría de emprego gratuíto, e facilmente adaptables ás necesidades únicas de cada empresa”. O acceso ao código das aplicacións que garante as licenzas libres é o que permite esta facilidade para adaptar programas ás necesidades das empresas do país, algo que Industria considera de importancia “crítica” para aumenar a produtividade das empresas. En virtude dun convenio asinado a comezos de ano, a Consellería de Industria achega máis de 70.000 euros polos traballos deste exercicio.