Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TAMÉN SE ACORDOU UNHA FACTURA ÚNICA

A Mesa do Leite aproba a creación dun observatorio do sector

Medio Rural destaca que servirá para analizar as flutuacións do mercado e para establecer criterios máis obxectivos.

Redacción - 17:25 15/03/2007

Xusto cando as multinacionais están a preparar unha baixada dun 4% no prezo do leite en orixe, produtores e empresas acaban de acordar con Medio Rural a creación dun observatorio. A entidade nace como unha ferramenta para obxectivar as flutuacións do mercado de produtos lácteos. O observatorio era unha vella demanda tanto dos produtores como das mesmas compañías.

Mais a Mesa do Leite celebrada este xoves en Compostela tamén serviu para sacar adiante a factura única de venda. Isto significará que os gandeiros van ter un modelo único de recibo, independentemente de quen sexa a empresa compradora. Os sindicatos queixábanse nos últimos anos de que os distintos criterios das industrias confundían aos produtores á hora de analizar as facturas.

Porén dos importantes acordos adoptados, o tema que máis preocupa nestes momentos é a baixada do prezo do leite en orixe. A Consellería de Medio Rural vai volver mediar con empresas e sindicatos para intentar que non se consume o anuncio. Polo de agora xa está a anunciado un encontro de traballo entre as partes para a vindeira semana.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: