Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
POR UN TRABALLO SOCIOLINGÜÍSTICO

O Premio “Dereitos Civís na Galiza” para Carlos Bello Stout

O traballo "A protección dos datos en Galiza: a deslocalización do telemarketing", de Tamara Guirao, quedou finalista no mesmo certame.

Redacción - 18:58 13/03/2007
Portada do traballo de Bello

Portada do traballo de Bello

O acto, que se celebrará este mércores ás 14 horas na galería Sargadelos de Santiago, será presentado polo escritor Rafa Villar. Intervirá tamén Inmaculada Valeije Álvarez, profesora de Dereito Penal na Universidade de Vigo e membro do xurado, que falará sobre o traballo finalista de Tamara Guirao, “A protección de datos en Galiza: a deslocalización do telemarketing". Será tamén publicado polo Movemento a petición do xurado debido á súa calidade. Tareixa Paz, vicepresidenta do Parlamento de Galiza e membro do xurado, presentará o traballo gañador e finalmente intervirán Tamara Guirao e Bello.

O traballo de Bello premiado polo MpDC, que podemos descargar en PDF, analiza o status da lingua e dos dereitos lingüísticos da comunidade galegofalante no exterior. Aborda a historia territorial dende a demarcación provincial de 1833, pasando polas iniciativas de modificación do 36 até as actuais Comunidades Autónomas), e tamén o marco legal a nivel estatal-constitucional, continental (Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias) e universal (Declaración de Dereitos Lingüísticos). Contrasta a comunidade asturiana coa leonesa, que loita pola protección da lingua, malia non facelo pola oficialización plena: permitiu o ensino do galego de xeito optativo, e lanzou campañas de protección do patrimonio lingüístico. Por outra banda, tamén será publicado polo seu interese e calidade o traballo de Tamara Guirao Espiñeira sobre “A protección de datos en Galiza: a deslocalización do telemarketing”, que se pode descargar aquí. O traballo aborda a deslocalización, e as repercusións que ten nos nosos datos cando se produce no telemarketing.


3,75/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: