Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A suba non se desacelera

Os prezos da vivenda crecen 5 puntos máis ca media estatal

Galiza é a comunidade autónoma onde máis se incrementou, cun 15% respecto ao ano anterior.

Redacción - 13:04 11/03/2007
Tags: vivenda
En 2006 os prezos subiron un 15% / Foto: paudenavia.net

En 2006 os prezos subiron un 15% / Foto: paudenavia.net

Segundo un estudio do Grupo BBVA, Galiza foi en 2006 a zona do Estado na que máis subiu o prezo da vivenda. As cifras sinalan que no último ano o incremento foi do 15%, o que supón cinco puntos máis ca media española.

O estudo sinala ademais que no caso galego a suba dos prezos non se desacelera, como si ocorre no resto do Estado, a excepción de Cantabria. E é que en 2004 o incremento foi do 13%, e en 2005 do 14%, mentres que no conxunto de España o incremento creceu catro puntos menos có ano anterior.

Aragón segue a Galiza no ranquin cun 14%. Cantabria rexistra un 13 e Baleares, La Rioja e Cataluña un 12. No outro extremo sitúanse Navarra (7%), Madrid e Canarias (8%) e Murcia e Extremadura (9%).


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: