O novo sistema presentado no recinto ourensán permite un aforro enerxético do 60%, e reduce á metade os gastos de mantemento de calquera rede de luz pública.
O Parque Tecnolóxico de Galicia presentou hoxe un novo sistema de iluminación que “ permite un aforro enerxético do 60 por cento e reducir á metade os gastos de mantemento de calquera rede de luz pública”. A Tecnópole argumenta que se trata do “sistema de iluminación intelixente máis avanzada de Europa”. Por iso, fai un chamamento a empresas e administración para que acudan a Ourense a coñecer o sistema.
O novo dispositivo foi deseñado pola pola empresa galega Esinor coa colaboración da Universidade de Vigo. A clave do sistema reside nunha “rede de comunicacións na propia rede de iluminación, o que se traduce na posibilidade de realizar tarefas de control e programación remota e de contar con cadros de mando intelixentes”.
Control de cada farola
O parque fixo un investimento de 70.000€ na instalación do sistema, que leva o nome de ComputerCraft. A principal vantaxe desta innovadora técnica é que utiliza a propia rede de alimentación eléctrica “permite programar de forma integral toda a infraestrutura da iluminación, pero tamén de xeito individual o funcionamento de cada un dos puntos de luz”.