Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TEMOR A UNHA POSÍBEL CAÍDA DE PREZOS

As organizacións agrarias esixen a convocatoria urxente da Mesa do Leite

As cooperativas sinalan que algunhas multinacionais preparan deprezacións dun 4%

Redacción - 18:32 08/03/2007
Tags: Leite prezo SLG
O leite en orixe pode baixar até un 4%

O leite en orixe pode baixar até un 4%

O Sindicato Labrego Galego, SLG, vén de solicitar publicamente a convocatoria urxente do grupo de traballo da Mesa do Leite. A organización agraria esixe esta medida logo de que a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, AGACA, denunciase que algunhas multinacionais estaban preparando unha baixada encuberta dos prezos que podería chegar ao 4%.

Para o SLG, non existe ningunha razón obxectiva para este tipo de medidas xa que “a situación do mercado é favorábel e non hai sobreprodución”. Lonxe disto, o sindicato opina que as condicións actuais incluso deberían de favorecer unha suba do litro de leite. Á preocupación tamén se sumou Xóvenes Agricultores, XX.AA. Esta organización sinala que unha baixada de 1,2 céntimos en marzo tradiciríase nunha perda de 2,5 millóns de euros para os gandeiros.

A postura da Consellería de Medio Rural é moi semellante. Para o departamento que dirixe Alfredo Suárez Canal unha caída do prezo sería inexplicábel. Aínda así a consellaría recoñece que historicamente houbo unha tendencia a que as industrias abarataran o leite en orixe nos meses de febreiro e marzo. O ano pasado as conversas na Mesa do Leite lograron evitar este fenómeno.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: